Quen somos?

 Auriga somos un grupo de profesionais do ámbito psicoeducativo e familias que temos como obxectivo mellorar e desenvolver as capacidades físicas, afectivas, cognitivas e comunicativas das persoas con necesidades educativas; promovendo, no maior grao posible, a súa autonomía e  inclusión social.

Para o que levamos a cabo distintas actividades orientadas a dar unha resposta eficaz á diversidade de necesidades e características d@s participantes  nas diferentes áreas da súa vida (persoal, familiar, emocional, escolar, de lecer e participación sociocomunitaria)

Auriga é un recurso de atención psicolóxica e educativa para a prevención e tratamento de dificultades familiares mediante o desenvolvemento integral e positivo das súas capacidades.