MEUTEMPO

Programa para inclusión social de persoas con diversidade funcional mediante o fomento da sua autonomía e desfrute do lecer.
Servizos:

Fomento e promoción das habilidades persoais, sociais e do autocoidado físico

Servizo dirixido á adquisición de destrezas e habilidades para que as persoas melloren as súas relacións sociais, habilidades para a solución de problemas e as habilidades para a comunicación verbal e non verbal.
Actuacións encamiñadas a prestar apoios, transitorios ou permanentes, a fin de mellorar as posibilidades de manter ás persoas na contorna familiar e social nas condicións máis normalizadas e independentes que sexa posible.
 

Fomento e promoción da Inclusión Social

 

Servizo para fomentar, dentro dun marco de relacións, a participación e inclusión social das persoas. Ten como finalidade aportar unha estrutura de apoio social para que as persoas dispoñan dunha rede social de referencia e poidan superar os obstáculos que dificultan a súa participación en actividades sociais e de ocio, promovendo aspectos da autonomía persoal das persoas e facilitando oportunidades de participación na comunidade, desenvolvendo as súas actividades en contextos naturais e próximos das persoas.