Inicio
A atención á diversidade e a satisfacción de necesidades educativas especiais (dificultades de aprendizaxe, trastornos de conduta, discapacidade intelectual…) é un dos grandes retos que se lle presenta ó sistema educativo na sociedade actual.
A falta de intervencións educativas axeitadas dende os ámbitos escolar, familiar e social repercuten negativamente na vida d@s nen@s con consecuencias como: baixa autoestima, desmotivación, inseguridade, frustración, medo, ansiedade e problemas emocionais, ademáis de fracaso escolar e desigualdade de oportunidades.
Auriga é unha asociación sen ánimo de lucro prestadora de servizos sociais de atención psicosocial e intervención educativa para a prevención da dependencia e promoción da autonomía (E-6005) que ten como fin o desenvolvemento integral e positivo das capacidades de nen@s e familias.
